22 dic 2012

As nosas NOELA e SABELA no TOP 10 da TVG

Hai unhas semanas a produtora FARO visitou o noso centro para gravar o programa TOP 10, emitido pola TVG. Un programa que, segundo o establecido na páxina web http://www.crtvg.es/tvg/programas/top-10, reflite a opinión dos galeg@s sobre temas moi variados sobre Galicia e onde se fai unha clasificación das distintas respostas, valoradas e comentadas por expertos e profesionais na materia.
Neste caso, a temática do programa, gravado no centro, vai ser o Nadal e as nosas amigas Noela de 4 anos A e Sabela de 4 anos B amosaron a súa opinión de todo canto lles preguntaron @s reporteir@s.
A produtora comunicóunos que ía ser emitido o día 23 de decembro ás 16:30 da tarde, pero revisando a programación da TVG, TOP 10 está sinalado para o día 25 de decembro ás 16:00 da tarde.
Como as programacións están variando continuamente, estade moi atentos para ver ás nosas peques en acción.
 ¡Que teñades un Bo Nadal!


21 dic 2012

MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA TOD@S @S NEN@S

!Escoitade, escoitade!


12 nov 2012

!O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ!

[castanyada.gif]

A CASTAÑEIRA


Mañán festexamos O Magosto no cole, estamos moi ansiosos pola súa chegada, pois imos a comer un lote de castañas e a pasalo moi ben. 
Deixámosvos unha LIM moi chula que fixo Ana Martínez Rey, onde tedes o conto da castañeira, ¡desexamos que a desfrutedes en familia!
¡Un saúdo!

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html

  

29 oct 2012

Estamos nunha época moi especial é máxica, onde o medo e as criaturas da noite están moi presentes. No cole de Turuleto estamos moi emocionados con estes días, polo que vos deixamos unha pequeniña proba para que vos vaiades ambientando. ¡Non teñades medo!

RECIBIMOS UNHA CARTA DE TURULETO

Ola familias! No cole estamos moi contentos e ilusionados, pois recibimos unha carta do noso amigo Turuleto. Cóntanos que nos quere moito e que neste verán nos botou moito de menos (¡nós tamén a el!). Agora esta metido nunha nova aventura e quere contar con nós. ¿Queredes saber cal é? ¡Pois mirade, mirade!