23 dic 2011

TODO OS MESTRES E MESTRAS DO CEIP REIBÓN DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN ANO 2012 CHEO DE PAZ E SAÚDE.

TURULETO COÑECE A MIÑA FAMILIA




Hola! Son Turuleto. Os nenos e nenas do meu cole non fan mais que falar das súas familias e das súas casas, polo que decidín que este curso vou ir a coñecer a todas as familias dos meus amigos/as. Polo momento só me deu tempo a ir a casa de Joan, Devin, Goretti e Martina, pero estou desexando ir ao resto dos hogares. O próximo ano prometo seguir coa miña ruta. Un bico para tod@s!

OS ANIVERSARIOS DO ANO 2011






No que vai de curso estiveron de aniversario: David, Diego, Inés, Ainara e Juan. Pasámolo xenial celebrando os cumples e os homenaxeados desfrutaron moitísimo do seu día.

FESTA DE NADAL





O pasado martes, fixemos unha festa de Nadal, na que cantamos a panxoliña de "Rodolfo el reno" e comemos un montón de cousas típicas: turrón, mazapán, polvoróns, galletas...

VISITA DE PAPÁ NOEL





O mércores viu Papá Noel ao noso cole. Pasamos moitísimos nervios, aínda que estivemos encantados de que viñese visitarnos. Ademais, regalounos unha bolsa de caramelos e un peluqche a cada un. Será un día difícil de esquecer.

WHERE IS SANTA?

A profe Montse ensinounos a panxoliña :"Where is Santa? e ademais, fíxemos unhas preciosas coroas de estrelas.

Where is Santa?
Where is Santa?
Here I am.
Here I am.
Merry, merry Christmas.
Merry, merry Christmas.
Jou, jou, jou.
Jou, jou, jou.


14 dic 2011

PLANTAMOS UNHA ÁRBORE


Hoxe, os nenos e nenas de Primaria, xunto coa profe Elvira, viñeron plantar un abedul ao noso parque. Todos nos estivemos moi atentos. Agora toca coidalo para que medre san.

¡XA ESTAMOS NO NADAL!

Para celebrar estas datas, no noso cole fixemos un fermosísimo Belén composto por figuras feitas polas familias.






Moitas grazas pola vosa colaboración.




Ademais, fomos ver o Belén da clase da profe Flora. Encantounos!



7 dic 2011

O prometido é débeda. Aínda que un pouco tarde, aquí tedes as fotos do período de adaptación, para que vexades que, ademais de choros e nervios, tamén houbo moita diversión.


BENVIDOS!!!!!

Este é o blog da clase de 3 anos B do CEIP Reibón de Moaña. Nel iremos poñendo as fotos, comentarios, videos, novas... da nosa aula. Espero que sexa do voso agrado!