31 dic 2012

FIN DE ANO PARA @S NEN@S DE PAJAROTO E TURULETO

Os amig@s de Pajaroto e Turuleto estivemos moi adiantados e xa festexamos o remate do ano 2012. No derradeiro día de clase, antes das vacacións do Nadal, comemos 12 Smarties coas campanadas da Porta do Sol, brindamos con Champin, démonos moitos bicos e abrazos, polo comezo do novo ano, e bailamos con moito ritmo e alegría.
Deixámosvos unha pequena mostra dos nosos festexos, ademais de desexarvos que pasedes un boa Noite Vella e comecedes o ano 2013 con moi bo pé. Un biquiño moi grande e...
¡FELIZ ANO NOVO 2013!


26 dic 2012

TOP 10: O MELLOR DO NADAL

Tal e como viña sinalado na programación da TVG, onte foi emitido o TOP 10 gravado no noso cole, aquí vos deixamos o enlace para que o poidades desfrutar. !Un saúdo!

23 dic 2012

22 dic 2012

PAPÁ NOEL CHEGOU AO REIBÓN

No derradeiro día de cole, antes das vacacións, @s amig@s de Turuleto recibimos unha visita moi especial, ¡PAPÁ NOEL!
Estabamos moi emocionados, pois levabamos unhas semanas contando os días para a súa chegada. Foi un momento moi fermoso, onde Papá Noel nos trouxo un peluche para cada un de nós e nos deu un biquiño.
!Mirade as nosas cariñas de felicidade!

As nosas NOELA e SABELA no TOP 10 da TVG

Hai unhas semanas a produtora FARO visitou o noso centro para gravar o programa TOP 10, emitido pola TVG. Un programa que, segundo o establecido na páxina web http://www.crtvg.es/tvg/programas/top-10, reflite a opinión dos galeg@s sobre temas moi variados sobre Galicia e onde se fai unha clasificación das distintas respostas, valoradas e comentadas por expertos e profesionais na materia.
Neste caso, a temática do programa, gravado no centro, vai ser o Nadal e as nosas amigas Noela de 4 anos A e Sabela de 4 anos B amosaron a súa opinión de todo canto lles preguntaron @s reporteir@s.
A produtora comunicóunos que ía ser emitido o día 23 de decembro ás 16:30 da tarde, pero revisando a programación da TVG, TOP 10 está sinalado para o día 25 de decembro ás 16:00 da tarde.
Como as programacións están variando continuamente, estade moi atentos para ver ás nosas peques en acción.
 ¡Que teñades un Bo Nadal!


21 dic 2012

MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA TOD@S @S NEN@S

!Escoitade, escoitade!