22 dic 2012

As nosas NOELA e SABELA no TOP 10 da TVG

Hai unhas semanas a produtora FARO visitou o noso centro para gravar o programa TOP 10, emitido pola TVG. Un programa que, segundo o establecido na páxina web http://www.crtvg.es/tvg/programas/top-10, reflite a opinión dos galeg@s sobre temas moi variados sobre Galicia e onde se fai unha clasificación das distintas respostas, valoradas e comentadas por expertos e profesionais na materia.
Neste caso, a temática do programa, gravado no centro, vai ser o Nadal e as nosas amigas Noela de 4 anos A e Sabela de 4 anos B amosaron a súa opinión de todo canto lles preguntaron @s reporteir@s.
A produtora comunicóunos que ía ser emitido o día 23 de decembro ás 16:30 da tarde, pero revisando a programación da TVG, TOP 10 está sinalado para o día 25 de decembro ás 16:00 da tarde.
Como as programacións están variando continuamente, estade moi atentos para ver ás nosas peques en acción.
 ¡Que teñades un Bo Nadal!