31 dic 2012

FIN DE ANO PARA @S NEN@S DE PAJAROTO E TURULETO

Os amig@s de Pajaroto e Turuleto estivemos moi adiantados e xa festexamos o remate do ano 2012. No derradeiro día de clase, antes das vacacións do Nadal, comemos 12 Smarties coas campanadas da Porta do Sol, brindamos con Champin, démonos moitos bicos e abrazos, polo comezo do novo ano, e bailamos con moito ritmo e alegría.
Deixámosvos unha pequena mostra dos nosos festexos, ademais de desexarvos que pasedes un boa Noite Vella e comecedes o ano 2013 con moi bo pé. Un biquiño moi grande e...
¡FELIZ ANO NOVO 2013!


26 dic 2012

TOP 10: O MELLOR DO NADAL

Tal e como viña sinalado na programación da TVG, onte foi emitido o TOP 10 gravado no noso cole, aquí vos deixamos o enlace para que o poidades desfrutar. !Un saúdo!

23 dic 2012

22 dic 2012

PAPÁ NOEL CHEGOU AO REIBÓN

No derradeiro día de cole, antes das vacacións, @s amig@s de Turuleto recibimos unha visita moi especial, ¡PAPÁ NOEL!
Estabamos moi emocionados, pois levabamos unhas semanas contando os días para a súa chegada. Foi un momento moi fermoso, onde Papá Noel nos trouxo un peluche para cada un de nós e nos deu un biquiño.
!Mirade as nosas cariñas de felicidade!

As nosas NOELA e SABELA no TOP 10 da TVG

Hai unhas semanas a produtora FARO visitou o noso centro para gravar o programa TOP 10, emitido pola TVG. Un programa que, segundo o establecido na páxina web http://www.crtvg.es/tvg/programas/top-10, reflite a opinión dos galeg@s sobre temas moi variados sobre Galicia e onde se fai unha clasificación das distintas respostas, valoradas e comentadas por expertos e profesionais na materia.
Neste caso, a temática do programa, gravado no centro, vai ser o Nadal e as nosas amigas Noela de 4 anos A e Sabela de 4 anos B amosaron a súa opinión de todo canto lles preguntaron @s reporteir@s.
A produtora comunicóunos que ía ser emitido o día 23 de decembro ás 16:30 da tarde, pero revisando a programación da TVG, TOP 10 está sinalado para o día 25 de decembro ás 16:00 da tarde.
Como as programacións están variando continuamente, estade moi atentos para ver ás nosas peques en acción.
 ¡Que teñades un Bo Nadal!


21 dic 2012

MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA TOD@S @S NEN@S

!Escoitade, escoitade!


12 nov 2012

!O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ!

[castanyada.gif]

A CASTAÑEIRA


Mañán festexamos O Magosto no cole, estamos moi ansiosos pola súa chegada, pois imos a comer un lote de castañas e a pasalo moi ben. 
Deixámosvos unha LIM moi chula que fixo Ana Martínez Rey, onde tedes o conto da castañeira, ¡desexamos que a desfrutedes en familia!
¡Un saúdo!

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html

  

29 oct 2012

Estamos nunha época moi especial é máxica, onde o medo e as criaturas da noite están moi presentes. No cole de Turuleto estamos moi emocionados con estes días, polo que vos deixamos unha pequeniña proba para que vos vaiades ambientando. ¡Non teñades medo!

RECIBIMOS UNHA CARTA DE TURULETO

Ola familias! No cole estamos moi contentos e ilusionados, pois recibimos unha carta do noso amigo Turuleto. Cóntanos que nos quere moito e que neste verán nos botou moito de menos (¡nós tamén a el!). Agora esta metido nunha nova aventura e quere contar con nós. ¿Queredes saber cal é? ¡Pois mirade, mirade!

7 oct 2012

O NOSO PRIMEIRO DÍA EN 4 ANOS!!

Como xa somos moi maiores, temos unha clase nova. Tiñamos moitísimas ganas de vernos de novo.




27 jun 2012

FELIZ VERÁN!!!!!

Despois de todo o traballo realizado ao longo do ano, damos por finalizado o curso 2011 -2012; así que xa sabedes, disfrutade todo o que poidades do verán. Un bico moi grande de todas as profes!!!!!




ANIVERSARIOS DO TERCEIRO TRIMESTRE

Neste último trimestre celebramos os aniversarios de:


ÉRIKA


KEVIN A. E HUGO


MARTINA E CRISTIAN


SABELA, MAURO


 E DEVIN


AINOA


JOAN, ROBERTO E MATEO

TURULETO VEN A MIÑA CASA!!!!

Este trimestre Turuleto visitou ás familias de:


ÉRIKA


OSCAR


SABELA


AINARA



ROBERTO


MATEO


EVA


INÉS


DIEGO


LORES

26 jun 2012

CURSO 2011-2012

Por fin o conseguín!!! Ahí tendes o power point da reunión. Adicado a tod@s vos!!!!!!!!!

14 jun 2012

EXCURSIÓN A SAN SIMÓN

Como tod@s sabedes, o pasado día 5 de xuño fixemos unha excursión á illa de San Simón. A pesar de que choveu bastante, pasámolo xenial cos piratas que nos acompañaron na nosa viaxe. Foi unha experiencia inolvidable!

4 jun 2012

Calentando motores...


4 may 2012

PINOCCHIO

O pasado mes de abril, os nenos e nenas do CEIP Reibón, fomos ao Auditorio de Cangas para ver "Pinocchio", o conto que traballamos no cole coa profe Montse. Aínda que era en inglés, encantounos o espectáculo!







17 abr 2012

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

O último día do trimestre fomos a Pontevedra para visitar o Salón do Libro. ¡Foi a nosa primeira viaxe en autobús todos xuntos!¡Pasámolo xenial!Aprendemos un montón de cousas, vimos moitos libros e coñecemos á mascota do salón, ¡O lobo Orbil!


16 abr 2012

2º TRIMESTRE

ANIVERSARIOS:





O pasado trimestre celebramos os aniversarios de: Eric, Claudia, Noa, Oscar, Eva e Goretti.

TURULETO COÑECE A MIÑA FAMILIA:









Ademais, Turuleto visitou as casa de Ainoa, Eric, Cristian, Noa, Mauro, Juan, David, Kevin A., Claudia e Hugo. Disfrutou moitísimo coas visitas!!!

15 abr 2012

¡¡LLEGÓ LA PRIMAVERA!!

SAÍDA AO PARQUE DE MEIRA

O pasado mes de marzo todos os nenos e nenas de Infantil fumos camiñando desde o cole ata o parque de Meira. Alí merendamos e xogamos. Estábamos tan contentos que non queríamos voltar ao cole!