24 dic 2013

Chegou o Nadal!!! (terceira parte)

O derradeiro día de clase deu para moito: viu Papá Noel ao cole (pensábamos que non nos iba a visitar porque xa falaramos con el, pero empeñouse en vir a vernos), fixemos a tradicional merenda de Nadal e ademáis celebramos o fin de ano, aínda que esta vez cambiamos as uvas por palomitas. Que mellor maneira de rematar este trimestre...

AS MESTRAS E MESTRES DE REIBÓN DESÉXANVOS BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO A TODAS AS FAMILIAS!!!





16 dic 2013

Cine de Seixo

Como xa sabedes, este curso estamos traballando o proxecto do cine e que mellor maneira de coñecer este tema que visitar un deles. Neste caso, fomos ao cine de Seixo a ver a película Turbo. Pasámolo xenial con todos @s nos@s compañeir@s!

Chegou o Nadal!!! (segunda parte)

O pasado venres fomos á "Casa da Xuventude" de Moaña a unha videoconferencia con Papá Noel. Falamos directamente con el dende a súa casa en Laponia e cada un de nos puidémoslle pedir un agasallo. Foi un día inolvidable!

Chegou o Nadal !!!

Aquí tendes a panxoliña que imos cantar este ano no cole.


25 nov 2013

O cine

Como xa sabedes este ano imos a traballar no cole o tema do cine. 
Na nosa clase escollimos por votación a película de Up; o primeiro que fixemos foi decorar a porta. Este foi o resultado:

Ademáis, inauguramos o noso "Cine Marabillas" coa película "El chico" de Chaplin. Era a primeira vez que viamos unha película muda e en branco e negro, e, a verdade, encantounos!!

                                      




Magosto

Polo San Martiño celebramos o magosto no cole; aínda que a choiva case nos estropea o día, ao final puidemos saborear as deliciosas castañas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow made with Smilebox

Chegou o Samaín! (terceira parte)

Para celebrar o Samaín, ademáis de decorar as aulas e os corredores, fixemos un montón de actividades, entre elas, unha merenda terroríficaaaaaaaa
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A slideshow design by Smilebox

28 oct 2013

Chegou o Samaín!!! (segunda parte)


Nestas páxinas tendes as actividades do Samaín que tanto vos gustan.

Chegou o Samaín!!!

Aquí están os videos e canción do Samaín que mais nos gustan.


                                          



                                         


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-6-a-bruxa-reganadentes

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-12-corre-corre-cabacina

http://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc

24 oct 2013

A volta de Turuleto!

Despois de moito preguntar polo noso amigo Turuleto por fin está de volta!!! Tivemos que axudalo a resolver un enigna para que puidese vir ao cole xa que el só non podía. Apareceu de repente unha mañá na clase provocándonos unha gran ledicia. Todos quixemos darlle un gran abrazo e decirlle o moito que o botábamos de menos. Aquí están as fotos dese momento.

Chegou o outono!!! (cuarta parte) e comezamos a preparar o Samaín

O que nos faltaba por probar co millo, era, por suposto, facer palomitas; aproveitamos a nosa sesión de cine do venres para facelas, e de paso empezamos co Samaín, xa que visionamos a pelicula "Sreck en Halloween". Pasámolo terroríficamente ben!

Chegou o outono!!! (terceira parte)

 Aproveitamos tamén os froitos do outono para aprender un xogo popular, que consiste en poñerlle unha pluma ao carozo do maíz e logo lanzalo polo aire intentando que non caia ao chan. Gustounos moitísimo!

22 oct 2013

Chegou o outono!!! (segunda parte)

Coas mazorcas aprendemos a debullalas e, o millo que fumos sacando decidimos darllo de comer aos patos que están ao lado do cole. Estas son as fotos da nosa "excursión".

21 oct 2013

Chegou o outono!

En clase puidemos observar e manipular distintos froitos do outono; o que máis nos gustou foi a planta de millo que trouxo a profe Asun. Con ela aprendemos que son as mazorcas e os carozos.

    






Como nos gustou tanto a actividade, outros compañeiros animáronse a traer máis foitos.

                          

 
        




Fin de curso 2012-2013

Faltaban as fotos de fin de curso do ano pasado. Aquí están!







27 sept 2013


Aquí tendes o horario por si algún de vos o perde.

24 sept 2013


Esta é a nosa nova canción dos bos días.

16 sept 2013

CURSO 2013-2014

Xa estamos de volta! Que ganas tiñamos de vernos! Empezamos o novo curso con moitas ganas e ilusión aínda que tamén con un pouquño de pena pensando que é o último que imos estar todos xuntos. Aquí están as fotos dos primeiros días;











30 jun 2013

Roma



Tal como prometín aquí tedes o vídeo de Roma. Tamén podedes velo en YouTube. 
Vémonos pronto!!!

28 ene 2013

"Love is the only way" para o DÍA DA PAZ

No cole de Turuleto imos recibir o DÍA DA PAZ cantando unha canción que nos achega a unha fermosa mensaxe "O amor é o único camiño". Desexamos que a desfrutedes. 
¡Un saúdo e FELIZ DÍA DA PAZ!