30 jun 2013

Roma



Tal como prometín aquí tedes o vídeo de Roma. Tamén podedes velo en YouTube. 
Vémonos pronto!!!

28 ene 2013

"Love is the only way" para o DÍA DA PAZ

No cole de Turuleto imos recibir o DÍA DA PAZ cantando unha canción que nos achega a unha fermosa mensaxe "O amor é o único camiño". Desexamos que a desfrutedes. 
¡Un saúdo e FELIZ DÍA DA PAZ!

31 dic 2012

FIN DE ANO PARA @S NEN@S DE PAJAROTO E TURULETO

Os amig@s de Pajaroto e Turuleto estivemos moi adiantados e xa festexamos o remate do ano 2012. No derradeiro día de clase, antes das vacacións do Nadal, comemos 12 Smarties coas campanadas da Porta do Sol, brindamos con Champin, démonos moitos bicos e abrazos, polo comezo do novo ano, e bailamos con moito ritmo e alegría.
Deixámosvos unha pequena mostra dos nosos festexos, ademais de desexarvos que pasedes un boa Noite Vella e comecedes o ano 2013 con moi bo pé. Un biquiño moi grande e...
¡FELIZ ANO NOVO 2013!


26 dic 2012

TOP 10: O MELLOR DO NADAL

Tal e como viña sinalado na programación da TVG, onte foi emitido o TOP 10 gravado no noso cole, aquí vos deixamos o enlace para que o poidades desfrutar. !Un saúdo!

23 dic 2012

22 dic 2012

PAPÁ NOEL CHEGOU AO REIBÓN

No derradeiro día de cole, antes das vacacións, @s amig@s de Turuleto recibimos unha visita moi especial, ¡PAPÁ NOEL!
Estabamos moi emocionados, pois levabamos unhas semanas contando os días para a súa chegada. Foi un momento moi fermoso, onde Papá Noel nos trouxo un peluche para cada un de nós e nos deu un biquiño.
!Mirade as nosas cariñas de felicidade!