"A Educación é a arma mais poderosa que podes usar para cambiar o mundo" Nelson Mandela.
30 jun 2013
28 ene 2013
"Love is the only way" para o DÍA DA PAZ
No cole de Turuleto imos recibir o DÍA DA PAZ cantando unha canción que nos achega a unha fermosa mensaxe "O amor é o único camiño". Desexamos que a desfrutedes.
¡Un saúdo e FELIZ DÍA DA PAZ!
31 dic 2012
FIN DE ANO PARA @S NEN@S DE PAJAROTO E TURULETO
Os amig@s de Pajaroto e Turuleto estivemos moi adiantados e xa festexamos o remate do ano 2012. No derradeiro día de clase, antes das vacacións do Nadal, comemos 12 Smarties coas campanadas da Porta do Sol, brindamos con Champin, démonos moitos bicos e abrazos, polo comezo do novo ano, e bailamos con moito ritmo e alegría.
Deixámosvos unha pequena mostra dos nosos festexos, ademais de desexarvos que pasedes un boa Noite Vella e comecedes o ano 2013 con moi bo pé. Un biquiño moi grande e...
¡FELIZ ANO NOVO 2013!
26 dic 2012
TOP 10: O MELLOR DO NADAL
Tal e como viña sinalado na programación da TVG, onte foi emitido o TOP 10 gravado no noso cole, aquí vos deixamos o enlace para que o poidades desfrutar. !Un saúdo!
23 dic 2012
22 dic 2012
PAPÁ NOEL CHEGOU AO REIBÓN
No derradeiro día de cole, antes das vacacións, @s amig@s de Turuleto recibimos unha visita moi especial, ¡PAPÁ NOEL!
Estabamos moi emocionados, pois levabamos unhas semanas contando os días para a súa chegada. Foi un momento moi fermoso, onde Papá Noel nos trouxo un peluche para cada un de nós e nos deu un biquiño.
!Mirade as nosas cariñas de felicidade!
Estabamos moi emocionados, pois levabamos unhas semanas contando os días para a súa chegada. Foi un momento moi fermoso, onde Papá Noel nos trouxo un peluche para cada un de nós e nos deu un biquiño.
!Mirade as nosas cariñas de felicidade!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
