28 feb 2012

O CORPO

Dende o comezo deste ano estamos traballando "O CORPO". ¡É o noso primeiro proxecto!Estes son os vídeos que estamos coñecendo e que nos encanta ver.








25 feb 2012

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz no cole, fixemos unha chocolatada xunto cos nenos e nenas da clase da profe Asun. Despois, saímos ao campo de herba para cantar a canción de Macaco. Desfrutamos un montón deste día.

25 ene 2012

É INVERNO!!!

Este é a canción do inverno que aprendemos no cole.

CANCIÓN DAS VOGAIS

Ésta é a canción que empregamos para aprender as vogais. Encántanos!!!

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ.

Este ano imos cantar a canción de Macaco: "Mensajes del agua" para conmemorar o Día da Paz.

23 dic 2011

TODO OS MESTRES E MESTRAS DO CEIP REIBÓN DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN ANO 2012 CHEO DE PAZ E SAÚDE.

TURULETO COÑECE A MIÑA FAMILIA




Hola! Son Turuleto. Os nenos e nenas do meu cole non fan mais que falar das súas familias e das súas casas, polo que decidín que este curso vou ir a coñecer a todas as familias dos meus amigos/as. Polo momento só me deu tempo a ir a casa de Joan, Devin, Goretti e Martina, pero estou desexando ir ao resto dos hogares. O próximo ano prometo seguir coa miña ruta. Un bico para tod@s!