23 dic 2011

TODO OS MESTRES E MESTRAS DO CEIP REIBÓN DESEXÁMOSVOS UN FELIZ NADAL E UN ANO 2012 CHEO DE PAZ E SAÚDE.

TURULETO COÑECE A MIÑA FAMILIA




Hola! Son Turuleto. Os nenos e nenas do meu cole non fan mais que falar das súas familias e das súas casas, polo que decidín que este curso vou ir a coñecer a todas as familias dos meus amigos/as. Polo momento só me deu tempo a ir a casa de Joan, Devin, Goretti e Martina, pero estou desexando ir ao resto dos hogares. O próximo ano prometo seguir coa miña ruta. Un bico para tod@s!

OS ANIVERSARIOS DO ANO 2011






No que vai de curso estiveron de aniversario: David, Diego, Inés, Ainara e Juan. Pasámolo xenial celebrando os cumples e os homenaxeados desfrutaron moitísimo do seu día.

FESTA DE NADAL





O pasado martes, fixemos unha festa de Nadal, na que cantamos a panxoliña de "Rodolfo el reno" e comemos un montón de cousas típicas: turrón, mazapán, polvoróns, galletas...

VISITA DE PAPÁ NOEL





O mércores viu Papá Noel ao noso cole. Pasamos moitísimos nervios, aínda que estivemos encantados de que viñese visitarnos. Ademais, regalounos unha bolsa de caramelos e un peluqche a cada un. Será un día difícil de esquecer.

WHERE IS SANTA?

A profe Montse ensinounos a panxoliña :"Where is Santa? e ademais, fíxemos unhas preciosas coroas de estrelas.

Where is Santa?
Where is Santa?
Here I am.
Here I am.
Merry, merry Christmas.
Merry, merry Christmas.
Jou, jou, jou.
Jou, jou, jou.


14 dic 2011

PLANTAMOS UNHA ÁRBORE


Hoxe, os nenos e nenas de Primaria, xunto coa profe Elvira, viñeron plantar un abedul ao noso parque. Todos nos estivemos moi atentos. Agora toca coidalo para que medre san.