4 may 2012

PINOCCHIO

O pasado mes de abril, os nenos e nenas do CEIP Reibón, fomos ao Auditorio de Cangas para ver "Pinocchio", o conto que traballamos no cole coa profe Montse. Aínda que era en inglés, encantounos o espectáculo!







17 abr 2012

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

O último día do trimestre fomos a Pontevedra para visitar o Salón do Libro. ¡Foi a nosa primeira viaxe en autobús todos xuntos!¡Pasámolo xenial!Aprendemos un montón de cousas, vimos moitos libros e coñecemos á mascota do salón, ¡O lobo Orbil!


16 abr 2012

2º TRIMESTRE

ANIVERSARIOS:





O pasado trimestre celebramos os aniversarios de: Eric, Claudia, Noa, Oscar, Eva e Goretti.

TURULETO COÑECE A MIÑA FAMILIA:









Ademais, Turuleto visitou as casa de Ainoa, Eric, Cristian, Noa, Mauro, Juan, David, Kevin A., Claudia e Hugo. Disfrutou moitísimo coas visitas!!!

15 abr 2012

¡¡LLEGÓ LA PRIMAVERA!!

SAÍDA AO PARQUE DE MEIRA

O pasado mes de marzo todos os nenos e nenas de Infantil fumos camiñando desde o cole ata o parque de Meira. Alí merendamos e xogamos. Estábamos tan contentos que non queríamos voltar ao cole!

6 mar 2012

AS FIGURAS XEOMÉTRICAS

Aquí tedes un vídeo moi divertido no que Cadradiño e os Redondiños nos ensinan a diferencia entre un cadrado e un círculo.

1 mar 2012

SEMANA DO ENTROIDO

Por fin chegou o gran día!!! Disfrazámonos de Teléfonos Móbiles e saímos a bailar a nosa canción diante de todo o colexio e das nosas familias.



Rufina, a mascota de Reibón, pediunos que nos disfrazaramos con ela e así o fixemos. O Mércores trouxemos unha perruca ao cole e o Xoves unhas gafas moi graciosas. ¡Mirade que guap@s estamos!