29 oct 2012

Estamos nunha época moi especial é máxica, onde o medo e as criaturas da noite están moi presentes. No cole de Turuleto estamos moi emocionados con estes días, polo que vos deixamos unha pequeniña proba para que vos vaiades ambientando. ¡Non teñades medo!

RECIBIMOS UNHA CARTA DE TURULETO

Ola familias! No cole estamos moi contentos e ilusionados, pois recibimos unha carta do noso amigo Turuleto. Cóntanos que nos quere moito e que neste verán nos botou moito de menos (¡nós tamén a el!). Agora esta metido nunha nova aventura e quere contar con nós. ¿Queredes saber cal é? ¡Pois mirade, mirade!

7 oct 2012

O NOSO PRIMEIRO DÍA EN 4 ANOS!!

Como xa somos moi maiores, temos unha clase nova. Tiñamos moitísimas ganas de vernos de novo.